Poxa de Xovencas de Raza Rubia en Becerreá

O Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, xunto ao presidente da Asociación de Criadores de Gando Vacún (ACRUGA), César Dorado Pin, o alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, así como os alcaldes de As Nogais e Navia de Suarna, participou este sábado na Poxa de Xovencas de Raza Rubia de Becerreá celebrada no Recinto Ferial da localidade. A Granxa Gayoso Castro da Deputación de Lugo presentou 6 exemplares de raza autóctona a este certame, que se recupera tras o aprazamento provocado pola crise sanitaria.
Becerreá recupera esta cita na que as seis xovencas preñadas do centro de recría da institución provincial tiveron un prezo de saída de 1.950 euros e que, de media, chegaron a venderse por uns 2.160 euros.
A Deputación de Lugo mantén unha estreita colaboración con ACRUGA, á que achega 1,4 millóns de euros entre 2014 e 2022 con dúas liñas de axuda. Por unha banda, con estas achegas realízanse axudas directas a explotacións lucenses polo primeiro parto das femias
reprodutoras inscritas no rexistro xenealóxico; e por outra banda, a institución provincial mantén unha colaboración directa con ACRUGA para a recría e mellora xenética dos animais nas instalacións da Granxa Gayoso Castro.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com