O PP censura que o Portal de Transparencia da Deputación estea “obsoleto, con información incompleta”

O Grupo Provincial do Partido Popular censura que o Portal de Transparencia da Deputación de Lugo estea “obsoleto” e
inclúa, segundo denuncian dende o PP, información “incompleta e sen actualizar”, pese a a que se levan investido máis de 24,4 millóns de euros no Programa Innovate.

Para os populares, a Deputación de Lugo non é exemplo de administración transparente tal e como demostran os feitos e por iso lle recomendan ao Goberno socialista da institución lucense que tome boa nota e aplique as indicacións dos expertos que participarán no VII Encontro Provincial de Cooperación e Asistencia aos Concellos, que nesta edición versará sobre transparencia e acceso á información e cuxa convocatoria se publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia.

O Grupo Provincial do Partido Popular, que valora de xeito moi positivo a temática sobre a que se centra a xornada do encontro provincial de cooperación deste ano, lamenta que dende a Deputación de Lugo non sexan quen “nin tan sequera de actualizar o contido do seu propio Portal de Transparencia”.

Así, os populares pídenlle ao presidente e ao seu equipo de Goberno, que se apliquen a normativa vixente xa que na actualidade a Deputación de Lugo non cumpre coa Lei de Transparencia nin coa lexislación aplicable. Dende o Grupo do Partido Popular tamén reproban a inexistente implicación do Goberno socialista lucense á hora de promover accións de transparencia na institución provincial, xa que, segundo o PP, “estamos ante unha clara falta de vontade, xa que dispuxeron de fondos públicos. É suficiente con recordar os máis de 24,4 millóns de euros que os socialistas na Deputación dirixiron ao programa de novas tecnoloxías Innovate”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com