O PP consigue que o Pleno deixe sobre a mesa a ordenanza sobre as taxas das terrazas

A corporación municipal deixou esta mañá enriba da mesa a modificación da ordenanza fiscal sobre os aproveitamentos especiais da vía pública, ordenanza que regula as terrazas da hostalería. O equipo de goberno presentaba a aprobación esta ordenanza tras recibir a reclamación de Lugo Monumental e de APEHL para realizar certas modificacións na mesma.

A pesar de que o equipo de goberno non cría necesario este cambio debido a que viña dado, segundo consideraron, por “criterios políticos  xa que as reclamacións non se sustentaban na legalidade”, a oposición considerou necesario un debate no que o PP presentou a petición de deixar esta ordenanza enriba da mesa á espera dunha mellora da mesma.

Tamén Cidadáns e ACE-EU estiveron de acordo en intentar mellorar esta ordenanza para traela de novo a pleno. Asemade, o BNG-AA, que votou abstención, propuxo revisar os rueiros que cualificou de “inxustos”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com