PP contra PP

O titulo da película era “Kramer contra Kramer”  o da canción “Mujer contra mujer”,  aquí  leva apelidos: PP de Galicia contra PP de Lugo, outra explicación coherente coido que non hai. Porque do contrario a que ven presentarse en Lugo e soltar esa bomba; Lugo non vai ter a hemodinámica máis que oito horas, as que xa ten, en plena campaña electoral. Por riba horas despois  o candidato a alcaldía de Lugo, Sr Castiñeira, insinuaba que habería unha explicación por parte da  consellería, pero tal cousa non se produciu.

A conselleira  Rocio Mosquera, aparte de amosar que a vida das luguesas e lugueses  ten para ela o valor que ten, xa lles adianto que máis ben pouco, tiña outras posibilidades en paga de vir tocar o nabo, que por riba este ano hai poucos por mor das inclemencias climatolóxicas, como xa informou a TVG estes días atrás. E claro,  unha cachola ou un botelo sen uns greliños non vos é o mesmo, ou minto?

Pero, como lles dicía, a conselleira tiña outras posibilidades, por exemplo: non vir , pois ninguén a chamou; vir e non dicir nada, o cal tampouco sería de estrañar.Incluso vir e dicir que si, que luguesas e lugueses tamén somos persoas humanas ( ollo, digo persoas humanas, porque as últimas teorías apuntan a que hai persoas non humanas) e que iamos ter a Hemodinámica; aínda que non fora certo; que caro lle custaba?. Para iso estamos en campaña electoral.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com