O PP critica que o Concello siga cobrando plusvalías “inxustas”

O voceiro do grupo popular Antonio Ameijide lembrou que o Concello de Lugo segue recadando a plusvalía sen informar aos contribuíntes da perda do seu dereito a reclamar polo transcurso dos catro anos de prescrición. O voceiro popular explicou que presentou unha batería de preguntas para clarificar se os socialistas, dende que o PP alertou o ano pasado desta situación, implantaron algún mecanismo para devolver aos afectados as as plusvalías municipais mal cobradas.

O popular tamén sumouse á proposta do PP de Galicia para que o Concello de Lugo poda utilizar os remanentes de tesourería positivos para a devolución deste imposto explicando que “esta mesma semana se vén de rexistrar unha proposición non de lei na que se solicita ao Goberno central que permita o uso destes fondos para o reintegro deste imposto cobrado inxustamente”.

Os populares queren saber, en primeiro lugar, se o Concello de Lugo puxo en marcha algunha medida para informar e asesorar aos contribuíntes acerca da sentenza do Tribunal Constitucional pola que se declara que non procede pagar o imposto de plusvalías naqueles casos nos que non exista incremento de valor en termos económicos e reais como consecuencia da transmisión dun inmoble ou terreo.

En segundo lugar, preguntan se se solicitou algún informe para aclarar os termos legais e os efectos da devandita sentenza así como as súas posibilidades de aplicación. Os populares tamén piden que se cuantifique o número de recursos que foron presentados no Concello de Lugo polos contribuíntes solicitando a devolución do indebidamente abonado en concepto de imposto de plusvalías e, xa por último, preguntan se dende a administración local se segue cobrando este imposto nos casos en que non exista incremento de valor en termos económicos e reais como consecuencia da transmisión dun inmoble ou terreo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com