O PP de Castroverde denuncia “a manobra” do alcalde de converter en funcionaria á edil de Cultura

O PP de Castroverde denuncia “a manobra” do alcalde deste municipio de volver pretender converter en funcionaria á concelleira de Cultura. Os populares fan esta aseveración logo de detectar que a edil se presentase á praza de auxiliar administrativo convocada pola entidade local, e que quedara paralizada hai seis anos cando esta formación política desvelou publicamente o intento do rexedor de outorgar á mesma persoa un posto fixo no Concello.

Concretamente, en 2011, o Goberno local impulsara dous procesos selectivos, o de subalterno e a praza indicada á que concorre agora a socialista. Naquel momento, a persoa indicada presentouse á primeira, acadando unha puntuación de 10 pero, finalmente, e logo das denuncias efectuadas polos populares, o proceso quedou anulado para ambos os dous postos. Agora, e seis anos máis tarde, ante “o intento fallido” efectuado hai seis anos, o alcalde volve poñer a disposición da concelleira unha nova posibilidade para acadar un posto fixo na Casa Consistorial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com