O PP de Castroverde explica as xestións para abrir a residencia

O PP de Castroverde ven de editar nun boletín informativo o traballo feito por esta formación política para abrir a residencia da terceira idade que a Deputación construíu neste municipio, pero que “aínda non foi quen de poñer e marcha malia ser inaugurada polo ex presidente provincial en marzo de 2015; é dicir, tan só dous meses antes das eleccións municipais”.

A necesidade da apertura desta infraestrutura foi unha demanda que os populares trasladaron en varias ocasións ao PP de Lugo. Así o fixeron recentemente as edís “María Gómez e Sandra López  nunha reunión que mantiveron diante do inmoble coa voceira o vicevoceiro deste Grupo, Elena Candia e Carlos Armesto”. Naquela xuntanza, celebrada hai tan só unhas semanas, os deputados populares asumiron o compromiso de expoñer esta petición aos dirixentes da Sociedade que impulsa a execución destes centros. O acordo, finalmente, materializouse no día de onte, tal e como adiantou Elena Candia logo do encontro que mantivo co novo responsable de SUPLUSA e Vicepresidente da Deputación Manuel Martínez.

Dende agrupación local, que lidera María Gómez, valoran “moi positivamente o traballo dos deputados provinciais e, sobre todo, o acordo acadado onte”.

Plan Único da Deputación

Os populares subliñaron que ”esta formación política foi decisiva para que outras administracións como a Deputación aumentasen o investimento neste municipio. É o caso, por exemplo, do Plan Único, a través da que este Concello recibiu máis de 280.863 euros”.

Na mesma liña, os populares explican como están a ser “interlocutores coa Xunta de Galicia; unha relación que contribuíu a que os gandeiros do municipio recibisen 2,8 millóns de euros en axudas da PAC; 431.495 euros para os Plans de Mellora; 194.000 euros para a incorporación de mozos ás explotacións; máis de 294.000 para o obradoiro de emprego que Castroverde comparte con Ribeira de Piquín, A Pastoriza, Pol e Riotorto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com