O PP de Láncara esixe ao alcalde realizar un inventario dos puntos de luz pública

O PP de Láncara esixe ao Goberno local que realice un inventario dos puntos de luz pública existentes no municipio con deficiencias no funcionamento e que demande á empresa encargada do subministro o cumprimento do contrato asinado coa entidade local para a prestación desta servizo.

Os populares explican que fan esta petición “porque foron moitos os veciños que nos trasladaron nos últimos días as súas queixas sobre os continuos cortes no alumeado”. Concretamente, e así o queren facer constar dende este grupo municipal, estas interrupcións “van máis aló do casco urbano de A Pobra”. Proba delo, apunta o voceiro desta  formación política neste municipio, Santiago Cubillas, é que, os lugares de Carracedo e de Toirán, permaneceron, respectivamente, quince días e un mes sen este servizo. 

Asemade, na capitalidade do municipio, na rúa das Moblerías as farolas o mesmo están acendidas de día que noite e, na rúa Castelao, o cadro está aberto; o que provoca que aumente o risco de avarías ou a posibilidade de que se xere un curtocircuíto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com