O PP denuncia a caída no número de usuarios do transporte público en Lugo

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou que a “nefasta” política de mobilidade de Lara Méndez condena aos autobuses urbanos a seguir sen viaxeiros, despois de desvelar que dende que a rexedora chegou a alcaldía o transporte público perdeu case 80.000 usuarios.

Antonio Ameijide fixo esta afirmación despois de avaliar os datos facilitados polo goberno local que, “pese a remitir os datos dun xeito pouco transparente” non pode agochar a súa “nefasta” xestión do transporte. Para facer esta análise o voceiro popular tomo como referencia o prazo que vai dende xaneiro ata outubro dos anos 2015 e 2017, xa que do ano que vén de rematar o goberno local non facilitou os datos dos meses de novembro e decembro. En base a esta análise,
Ameijide certifica que dende que Lara Méndez chegou ao Concello otransporte urbano “reducíu o número de viaixeiros en 76.933 usuarios”, unha baixada do 5% en tan só dous anos.

O voceiro popular asegura que a reducción do número de viaxeiros “é alarmante” nalgúns meses. “Por exemplo, se comparamos o mes de xullo do ano 2015 e 2017 a reducción do número de usuarios é de 39.933 viaxeiros, unha reducción do 31%, uns datos que amosan que as liñas de transporte urbano da cidade non son nin atractivas nin útiles  para os cidadáns”, explicou Ameijide. A reducción do número de usuarios deixa como consecuencia que o 70% das liñas de autobús urbano de Lugo perden viaxeiros.

Incluso hai unha única liña que perde 100 usuarios e outras que perden entre o 28 e o 59% de viaixeiros, o que pon de manifesto “o mínimo servizo” que as liñas actuais lle dan aos cidadáns. Unha comparación que é “complicada” de facer, xa que, en palabras dos populares, “o goberno de Lara Méndez segue a poñer trabas á labor de oposición do Grupo Popular”.

Antonio Ameijide explicou que “pese a que remitimos as preguntas o 2 de agosto tivemos que reiterar a nosa petición o 16 de novembro. Preguntas ás que respostaron o 28 de novembro, pero a alcaldesa non quixo autorizar o envio da resposta ata o 22 de decembro, un mes máis tarde”. Na resposta remitida ao Grupo Popular non aparecen os datos solicitados sobre os ingresos e gastos de explotación e o beneficio industrial, é dicir, o coste real do servizo, uns datos que os socialistas “non fan públicos” dende o ano 2014.

Como a situación se acentúa co paso do tempo “e semella que Lara Méndez non quere poñer remedio” o popular asegura que “queda demostrado” que os socialistas non teñen un modelo de transporte urbano para Lugo e,  incluso, 21 meses despois da adxudicación do contrato deste servizo aínda non “avanzaron nada” na remodelación das liñas de transporte urbano da cidade. A adxudicación do contrato realizouse o 10 de febreiro de 2016, por un período de 10 anos cunha prórroga de outros 5 anos, e dende entón o equipo de goberno con Lara Méndez á cabeza non fixo absolutamente nada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com