O PP denuncia que un colector bota augas fecais a poucos metros da captación da potabilizadora

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, e o concelleiro popular Manuel López vistaron a parroquia de Meilán, onde se reuniron cos veciños da zona para escoitar as súas demandas e ver in situ os problemas que hai na parroquia. Entre as máis destacadas está un colector, que ten un aliviadero, que cando hai tormentas verte directamente augas fecais ao Miño. Manuel López asegura que “comprobamos como na saída do colector se acumulan desperdicios, plásticos, lixo e restos orgánicos que na época de tormentas van directos ao Miño, a escasos metros da zona de captación da potabilizadora”.

Para os populares este é “un grave problema” xa que é unha fonte de contaminación. Cómpre buscar unha solución para evitar que esta situación se repita e que “as augas fecais vaian directamente ao río Miño”. Os veciños de Meilán explicaron tamén aos populares que non se pode permitir que se empreguen diferentes zonas da parroquia como vertedoiros incontrolados, xa que en varios puntos se depositan cascallos de obras e outros residuos. Neste eido, Manuel López ratifica as demandas dos veciños e asegura que “é unha denuncia que dende o Grupo Popular xa realizamos en numerosas ocasións nos últimos anos, pero semella que aos socialistas lles gusta que Meilán se empregue como vertedoiro incontrolado xa que non fan nada para solucionar o problema”.

O popular tamén pide ao goberno local a limpeza inmediata das cunetas da parroquia, pero en concreto as do lugar de Milleirós para que “éstas evacúen correctamente a auga”. O problema aquí é que a estrada está en pendiente, polo que como as cunetas non evacúan a auga, ésta entra nas vivendas dos veciños. O principal problema dase na vivenda nº9 de Milleirós, onde a auga xa asolagou en numerosas ocasións a parte baixa do inmoble, tanto de vivenda como de alpendres, almacén de leña e demais construccións anexas.

Unha denuncia que xa se fixo hai catro anos e que os socialisas non amañaron. López explicou que a auga segue a danar casas e alpendres xa que os tubos de desague están tupidos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com