O PP denuncia que o goberno local ten en caixa 20M€ mentres debe case 9M€

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, fixo público que o goberno socialista de Lugo demora o pago a pesar de que segundo un informe do interventor municipal hai máis de 20 millóns de € (20.639.912,90€) en contas bancarias para facer fronte ao pago dos case 9 millóns de € (8.802.515,81€) que o Concello debe a proveedores.

Ameijide denunciou esta situación que “é insostible” para os pequenos e medianos empresarios que ven como teñen que seguir facendo fronte aos seus gastos mentres o equipo de Lara Méndez decide non pagar en prazo as facturas que debe aos suministradores de produtos e servizos. Segundo o informe do interventor ao que facía referencia o voceiro popular “a 30/09/2017, data na que se obtivo o último Periodo Medio de Pago (PMP) mensual de setembro de 2017 (79,82 días) e que foi remitido ao Ministerio na plataforma de Coordinación coas Entidades Locais as obrigas pendentes de pago ascenden a 8.802.515,81€. Á mesma data, no arqueo mensual realizado correspondente ao mes de setembro, constan certificados das entidades financeiras cos saldos bancarios das contas operativas que suman un saldo bancario total de 20.639.912,90€”.

O voceiro popular afondou aínda máis no informe de intervención, no que o interventor asegura que “existen fondos máis que suficientes para afrontar o pagamento das obrigas pendentes”. Ademais, nese informe o interventor municipal asegura que “os datos do incumprimento do PMP non están motivados por unha mala situación económica, nin financeira nin de liquidez se non que está motivada por dúas situacións: a ausencia de conforme e tramitación do servicio de electromecánicos por falta de persoal e ausencia de ferramentas informáticas e telemáticas”.

Un informe que para Ameijide demostra “o desgoberno ao que estamos sometidos os lucenses”, xa que “non é de recibo que habendo cartos dispoñibles” para facer fronte ás débedas a proveedores non se solucione esta situación e que tampouco se solventen os problemas de persoal do Concello. “Esta moi ben deixar a débeda cos bancos a cero, pero é igual ou máis importante pagar aos proveedores, que a fin de contas, son os que xeran movemento económico e riqueza na nosa cidade”, afirmou o popular.

Unha consecuencia desta situación é o incumprimento do Período Medio de Pago a proveedores que nos últimos meses no Concello experimentou un aumento que pode provocar que se chegue “á peor situación de pago” que se vivíu neste Concello baixo mandato socialista. Antonio Ameijide explica que despois de avaliar o informe de intervención ponse de manifesto que en todo o 2017 os socialistas nunca cumpriron coa normativa vixente en materia de morosidade. Segundo esta lei, as administracións teñen que pagar aos proveedores en 30 días, e o Concello de Lugo fíxoo en case 80 días (79.82 días) no mes de setembro.

Unha situación que podería provocar que o Concello perdese subvencións por parte do Estado. A normativa actual establece que o interventor municipal ten a obriga de realizar “unha comunicación de alerta” á administración que ten a tutela das Corporacións Locais se detecta que o Concello supera en máis de 30 días o prazo máximo de pago previsto na normativa de morosidade en dous meses consecutivos; situación que xa se deu esta semana na última Xunta de Goberno local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com