O PP denuncia que o goberno local segue “negandonos” o acceso á Fábrica da Luz

O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denuncia que o goberno local “segue a negar o acceso” ás instalacións da Fábrica da Luz ao seu grupo a pesar de que o 14 de febreiro de 2014 o Grupo Popular rexistrou un escrito para solicitar acceso ás instalacións pero, a día de hoxe, “seguimos agardando por unha resposta, xa sexa afirmativa ou negativa”.

Antonio Ameijide realizou esta denuncia despois de coñecer que no día de onte, o goberno local permitíu, “como é lóxico”, o acceso ao persoal da Confederación Hidrográfica para realizar unha inspección do estado das instalacións. Unha visita na que tamén se permitíu a entrada a membros de organizacións afíns ao concelleiro de Desenvolvemento Sostible, motivo polo que Ameijide denuncia a espera do Grupo Popular para “avaliar” o estado do interior do edificio, incluído no catálogo de elementos protexidos no PXOM.

Centro de día Raiolas

Pola súa banda, a edil do PP, Mari Teijeiro, denunciou esta mañá que teme que o Concello pretenda desbloquear o Centro de Día de Raiolas do campus cargándolle os custes de urbanización á entidade, pois acabase o prazo para que Raiolas poda gozar dunha subvención concedida pola ONCE e o Concello aínda non aprobou as licenzas.

Ao paso destas acusacións saliu o voceiro municipal, Miguel Fernández, quen afirmou que dende o Concello fixeron todos os trámites precisos e incluso informes e cambios no plantexamento e asegurou que é culpa da escaseza de persoal que as licenzas vaian máis lentas do que querrían

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com