O PP denuncia que Méndez non suprimiu o cargo da Directora Xeral de Recursos Humanos

O voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, denunciou esta mañá que a alcaldesa, Lara Méndez, non suprimiu aínda o cargo da Directora Xeral de Recursos Humanos como aprobou o pleno municipal do pasado mes de xaneiro. Ameijide acusa a Lara Méndez de seguir os pasos do seu predecesor, López Orozco, e advertiulle que podía estar a caer en dous presuntos delitos, un de malversación e outro de prevaricación por omisión.

Antonio Ameijide afirmou que “casualmente este cargo político o ocupa a mesma persoa pola que a alcaldesa terá que declarar como imputada, o vindeiro 21 de marzo, por incumprir unha resolución xudicial con respecto ao seu nomeamento como asesora xurídica”.

Os populares aseguran que “manter un posto, cuxa eliminación foi aprobada polo pleno, é unha decisión inxusta que se toma de forma intencionada, é dicir, poderíamos estar ante un posible delito de prevaricación por omisión”. Asemade Ameijide engadiu que “abonar os salarios do citado posto supón un perxuicio ao patrimonio do administrado, neste caso ao patrimonio municipal, o que podería ser un delito de malversación”.

Para os populares “o empeño da alcaldesa de blindar a Dirección de Recursos Humanos podería acabar no xulgado” e se preguntan “cal é o motivo que teñen para perpetuar este cargo político desobedecendo o mandado do pleno que é o órgano competente para crear e suprimir este tipo de postos”. Nese senso, Ameijide suxire á Lara Méndez a que “pague do seu peto os máis de 5.000 euros mensuais que cobra este cargo político” lembrando que, dende que accedeu ao posto de Director de Recursos Humanos e ata a actualidade, os lucenses pagamos máis de 110.000 euros a este posto. “Se a alcaldesa quere protexer este posto a dedo que o pague ela ou o PSOE” concluiu Ameijide.

Unha moción non vinculante

Ante estas declaracións, respondeu hai uns minutos o concelleiro de Persoal, Daniel Piñeiro, quen lle lembrou ao PP que, como xa se advertiu na sesión plenaria correspondente, esta supresión non sería vinculante durante o 2018. “Resulta sorprende que o PP acuse aos demáis de prevaricacións, estamos falando dun partido sentado no banquillo acusado de financiarse durante 40 anos ilegalmente con contas en Suiza e millóns de euros roubados das arcas públicas”, denunciou Piñeiro quen asegurou que “esto é o que o señor Ameijide e os acompañantes de comparsa traballan por Lugo, non saben nin cando presentaron esta proposta, dicen que foi en decembro e foi a finais de xaneiro”.

“Encantanlles os titulares falsos, o secretario de pleno advertiulles na primeira comisión de que non era vinculante porque xa estaban presentados os orzamentos, e volveuno a decir no propio pleno e este venres na comisión de pleno cando traían unha pregunta ao respecto”. Piñeiro asegurou que xunto coa tramitación deste expediente iba a figurar un informe por escrito do propio secretario para que quedara “ben claro” que non ten efectos vinculantes. Para o edil socialista, o que pretende o PP con estes “titulares falsos” é crear unha situación de “inestabilidade”.

“Unha alcaldesa nova que lle da as costas á mocidade”

O presidente de Novas Xeracións do Partido Popular de Galicia, Adrián Pardo, recomendoulle á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que abandone o “Xogo de Tronos” e se centre en traballar pola mocidade lucense. Pardo, que acudiu onte a Lugo para reunirse coa Xunta Directiva Local de Novas Xeracións da cidade amurallada, afirmou que estes preto de tres anos de Lara Méndez á fronte do Concello de Lugo califícanse como “decepcionantes e faltos de iniciativa política”. O presidente de Novas Xeracións afirmou que, ante a situación actual de “absoluta falla de políticas de xuventude na cidade”, a súa formación estará á altura dos mozos e mozas lucenses “a pesar dunha alcaldesa nova que lle da as cosatas a xuventude”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com