A licencia para a contrucción dun centro de saúde en A Residencia segue xerando controversia entre PP e PSOE. O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular no concello, Antonio Ameijide explicou que “a solicitude de licenza coa copia e soporte dixital en CD do proxecto de obra do Centro Integral de Saúde da Residencia se remitiu na data que onte anunciamos” (18 de xullo de 2018) e “temos o certificado conforme estes dous envíos se recibiron no Concello de Lugo o 20 de xullo de 2018 ás 11:33:14 horas, envíos que se remitiron á atención da alcaldesa de Lugo”.
Segundo o popular “estes documentos certifican que “minten descaradamente cando din que non recibiron hai máis dun mes o proxecto, minten na data de recepción e o Grupo Municipal do Partido Popular o demostra”.
Pero, o concello di que so recibiu a petición de licencia pero que faltaba o proxecto e sen el non se pode conceder a licencia.