O Grupo Municipal do Partido Popular esixe ao goberno “unha actuación inmediata” na rúa Pontegaos que “ante o abandono sufrido por parte do goberno socialista de Lugo nos últimos tempos se converteu nunha auténtica selva”. Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular puideron comprobar, en compañía de varios veciños do barrio, o “estado de abandono” que sofre esta rúa.
Os populares lamentan que “a maleza cubra totalmente a rúa, sobre todo na súa parte posterior” limitando totalmente o acceso a vehículos e “dificultando o paso dos veciños”.
Durante a súa visita, os concelleiros populares comprobaron como esta vía “sí que está asfaltada, pero ante a pasividade do goberno, a maleza apropiouse por completo da rúa”.
Ademais, os concelleiros comprobaron o estado da rúa na confluencia coa Estrada Vella de Santiago. Nese punto, “as pozas dificultan moito a circulación, polo que os veciños practicamente nin se arriscan a pasar cos seus coches para evitar calquera dano nos mesmos”.
Os populares lamentan o estado xeral “de abandono” que presenta o barrio da Ponte por mor da “pasividade do goberno socialista”, unha situación que melloraría moito se dende o equipo de goberno se preocuparan por acadar as subvencións relativas aos plans de rehabilitación e rexeneración urbana, “que sería de gran utilidade para zonas da cidade como A Ponte”. Nesta liña, o goberno socialista tería que “incentivar a rehabilitación dos barrios para que os cidadáns se animen a ir a vivir e recuperar zonas tan senelleiras como A Ponte”.
Dende o Grupo Municipal do Partido Popular recórdase que en setembro do ano 2013 levouse a pleno unha proposición relativa á reordenación do tráfico no barrio da Ponte e que foi rexeitada cos votos do PSOE e o BNG, unha proba máis do abandono ao que os socialistas someten aos veciños da Ponte.