O PP esixe “transparecia” a Lara Méndez nos orzamentos de 2018

O Grupo Municipal do Partido Popular criticou a “falta de responsabilidade e a parálise” do goberno socialista de Lugo que, por terceiro ano consecutivo, é “incapaz” de presentar, en tempo e forma, os presupostos para o vindeiro 2018.

O voceiro dos populares Antonio Ameijide, a pouco máis dun mes de que remate o ano, quere saber cal é o futuro dos presupostos municipais xa que a estas alturas, “non temos ningunha información sobre este documento contable polo que esiximos respostas: queremos saber se a alcaldesa ten a intención de repetir o pacto con Lugonovo e BNG para sacar adiante as contas para 2018 ou se ten previsto someterse a unha cuestión de confianza”.

“Nin á terceira vai a vencida” refraneaba o popular lembrando que os primeiros orzamentos de Lara non se aprobaron ata o 31 de marzo de 2016; o fracaso dos segundos xa que non conseguiu negociar nin consensuar cos grupos que lle deron o bastón de mando os orzamentos para 2017; e agora, o mutismo do goberno que, a estas alturas, non presentou nin un avance de previsións das contas para o vindeiro exercicio.

O popular desvelou que no que levamos de 2017 fixéronse 5 modificacións presupostarias por un importe de 10.3M€ sobre un orzamento que supera os 90 millóns de euros. “Un mecanismo que debería ser excepcional xa se está a converter en algo habitual nesta administración” reflexionaba o popular. Antonio Ameijide interpreta esta fórmula como un “instrumento que responde á incompetencia do goberno socialista xa que ao carecer dunha folla de ruta clara e deseñada con antelación frena os investimentos, proxectos novos e contratacións de persoal”.

Esta situación repercute na mellora da prestación de servizos dos cidadáns xa que “se retrasan os investimentos e se ralenticen as obras e prestación de servizos”. Outra consecuencia desta falta de xestión é “o bloqueo sine díe do Plan de disposición de fondos de tesourería que é o que fixa os criterios para planificar os pagos que se producen durante o exercicio contable”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com