O presidente da Deputación de Lugo non compareceu esta mañá na Comisión Terceira para dar conta ante o Parlamento Galego dos Orzamentos que o organismo provincial prevé investir na provincia ao longo do vindeiro ano, tal e como anunciou onte o propio Darío Campos. E así o indicou tamén o deputado autonómico popular, Daniel Vega, “hoxe a silla do Sr. Campos está baleira, como tamén está na propia Deputación, porque é un presidente ausente”, afirmou.
Deste xeito, o popular denunciou ao comezou da súa intervención que a incomparecencia do socialista supón unha situación atípica e unha falla de respecto ao Parlamento, “que é o máximo órgano de todos os galegos”. Deste xeito, Daniel Vega censurou a ausencia do rexedor provincial, xa que existe un acordo unánime de todos os grupos políticos con representación na Cámara do Hórreo para que todos os titulares das Deputacións de Galicia acudan unha vez ao ano, “nun exercicio de democracia”, a explicar as principais liñas estratéxicas do documento que Orzamentos.
“O Sr. Campos estalle faltando ao respecto a esta Comisión. Non podemos pretender como prefire rendirlle pleitesía á presidenta da Deputación de Pontevedra e a unha parte do Partido que dar explicacións a todos os lucenses”. Para o deputado autonómico esta incomparencia evidencia “a profunda división interna” que sofre o PSOE, e que quedou perfectamente manifesta ao recoñecer o deputado do Grupo Parlamentario Socialista, Luis Álvarez, que o presidente lucense debería de haber comparecido na Comisión á que estaba convocado.
“Eu prefiro un presidente que rinde contas, un presidente de todos os lucenses e non un presidente que só exerce co carné de militante”; sobre todo, indicou, porque todos os titulares provinciais o fixeron durante os dez útimos anos. “A este Parlamento débeselle un respecto, porque máis alá de ser socialista é o presidente de todos os veciños de Lugo”. E é que para o deputado do PP a ausencia de Darío Campos vén a demostrar que “non ten compromiso coa provincia e, moito menos, un obxectivo claro para a Deputación. Se o tivese, indicou, estaría hoxe aquí para dicirnos que ten pensado facer, por exemplo, coa Granxa Gayoso Castro; por certo, a Granxa das mil primaveras máis, pois cada vez que viñan se anunciaba para a primavera. Agora parece que é para febreiro, polo menos xa adiantaron uns meses”, subliñou con certa ironía.
Por todo elo, Daniel Vega recoñece que non comprende como o secretario Xeral permite este “desleixo” do presidente lucense, “cando a obriga, polo menos moral, era a de estar hoxe aquí, sentado nesa silla e exercer a súa responsabilidade”.