O PP lamenta que PSOE e BNG rexeiten dar o seu apoio á prisión permanente revisable

O Grupo Provincial do Partido Popular lamenta que o PSOE e o BNG rexeitasen dar o seu apoio á prisión permanente revisable e que os Grupos Parlamentarios con representación no Congreso dos Deputados non reconsideren a súa postura sobre a derrogación desta figura, incorporada ao Código Penal co convencemento de que é un instrumento útil ante delitos gravísimos; unha situación a que se deu hoxe no pleno provincial, moi similar a do pasado xoves na sesión plenaria do Concello de Lugo.

O deputado popular, José Antonio García, asegurou hoxe durante o debate da moción do Grupo do PP que esta pena “é necesaria, defendida pola sociedade, e non cumpre ningún deses atributos que lle atribúen os que a queren derroga. Non é inhumada tanto é así que cumpre o modelo axustado á Convención Europea de Dereitos Humanos, ao incluír mecanismo de revisión da condena; non é inconstitucional, xa que a súa constitucionalidade foi avalada polo Consello Fiscal, o CGPJ e o Consello de Estado; non é excepcional, de feito existe nos países avanzados do noso entorno, goberno quen goberne; e non é unha lei vingativa”.

O deputado popular precisou que a prisión permanente revisable está prevista para situacións de gran gravidade e inclúe unha revisión da pena nos casos de que se vexa unha recuperación por parte do culpable. É dicir, a prisión permanente revisable non significa cadea perpetua porque non se renuncia á reinserción do penado, pois unha vez cumprida unha parte mínima da condena, un Tribunal deberá valorar novamente as circunstancias do penado e do delito cometido e poderá revisar a súa situación persoal.

“Estamos a falar dunha pena extraordinaria para supostos de extrema gravidade como poden ser, entre outros, o asasinato dun menor de 16 anos ou persoa especialmente vulnerable; o asasinato despois de cometer o autor un delito contra a liberdade ou indemnidade sexual sobre a vítima; así como en casos de pertenza a organización criminal ou de terrorismo con resultado de morte”, explicou José Antonio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com