O PP non apoiará un Presuposto no que non se inclúan as súas emendas

O Grupo Provincial do PP afirma que botará man de todos os mecanismos xurídicos ao seu alcance “para defender os intereses da provincia e de todos e cada un dos lucenses”. Os populares sosteñen que “prorrogar o Orzamento da Deputación de Lugo para o ano 2016 evidenciaría a incapacidade do presidente, o Señor Darío Campos”.

A portavoz popular declarou “Dixemos que lle queda grande o posto que ostenta na institución e o tempo estanos a dar a razón. Igualmente, non imos permitir que a súa incapacidade paralice os proxectos pendentes nesta provincia”

“Non podemos apoiar un Presuposto no que non se inclúen as emendas do PP aprobadas en Suplusa e se trata de meter pola porta de atrás a oito novos asesores, pese a que existe un acordo do Pleno de organización para a contratación de persoal que agora queren ocultar”, engade a voceira.

“Os lucenses non teñen culpa da situación que PSOE e BNG veñen de crear, polo que o PP comprométese a seguir traballando para que os concellos da provincia e os seus veciños e veciñas poidan ver atendidas as súas demandas”, concluiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com