PP: “O catamarán rescatado do fondo do Miño leva días deteriorándose máis aínda o aire libre”

Como na coñecida canción infantil, o barquiño Pelegrín I, o catamarán da Deputación afundido no Miño, á altura da ponte de As Saamasas, en Lugo, na noite do 19 ao 20 de decembro, tampouco pode navegar. “O abandono ao que estivo sometido mentres o tiveron amarrado meses e meses levouno ao fondo do río coincidindo coa crecida”, denuncia o Partido Popular. Agora, o barco, retirado do río, está varado en terra, ao aire libre, sobre o remolque no que foi trasladado ao recinto de Begonte no que a Deputación Provincial ten dúas naves.

O deputado popular Óscar Poy di que na resposta dada polo goberno provincial, presido polo socialista José Tomé, no pleno celebrado o pasado 31 de decembro a unha pregunta do PP, unha das afirmacións foi que sería trasladado a unha das naves de Begonte, das que é titular o organismo provincial. Algo que o popular nega, “non foi así. E non foi así porque o catamarán non está en ningunha das dúas naves; está no exterior. Ocorre que a porta dun dos edificios que podería acoller o barco non é grande abondo para que pase; a outra nave, ten unha porta suficientemente grande, pero está tan chea que non hai sitio para o catamarán. A isto chámaselle previsión, tanta como a que fixo que o Pelegrín I pasase dous anos no río sen mantemento, ou sen apenas mantemento e sen uso ningún, e acabara afundindo”. 

Na resposta á pregunta formulada polo grupo popular, o goberno provincial tamén dixo, segundo recorda o mesmo deputado, que o barco estaba asegurado e que se faría un estudo técnico para determinar se é recuperable. “É de esperar que o goberno provincial atine mellor nestas afirmacións que no do traslado á nave, porque na nave non está. Haberá que ver onde o deixan cando a empresa que se encargou do traslado decida que xa é hora de recuperar o remolque sobre o que se atopa”, critica Poy.

O mesmo deputado di que se o goberno que preside José Tomé sabía que o barco non entraba en ningunha das dúas naves, incorreu en algo que non debe darse en política e que non é precisamente o correcto; se non o sabía, tamén é grave.

“O caso do catamarán afundido no Miño é unha boa metáfora do modelo de xestión do goberno bipartito da Deputación; da unha imaxe moi clara de como entenden a responsabilidade de administrar os cartos dos contribuíntes, dos lucenses”.

O catamarán foi adquirido pola Deputación durante o mandato de Francisco Cacharro. Foi presentado a finais do 2003. A súa misión era efectuar recorridos entre Los Robles e a Acea do Rei Chiquito.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Carlos Fernandez Peleteiro
    Xan 04, 2020 - 11:55 PM

    E que máis lles dá! Si fose de algún da diputación. A historia ben seguro sería de outra maneira.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com