O PP pide ao Concello que se inscriba na Rede Galega contra a violencia de xénero

O Grupo Municipal Popular proporá ao pleno reactivar as diferentes ferramentas municipais para levar a cabo unha loita coordinada contra a violencia de xénero. Segundo asegura a edil Mari Teijeiro, “son mecanismos que deberían traballar a pleno rendemento pero, no Concello de Lugo, están desaparecidos”.

En primerio lugar, os populares reclaman que Lugo se adhira á Rede Galega de entidades locales subliñando que “é inexplicable que Lugo non estea sumado xa a esta fórmula de traballo conxunta creada a raiz dun convenio a Xunta e a Federación de municipios e provincias (FEGAMP)”. A popular defende a necesidade de incorporarse a este protocolo de colaboración e coordinación entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e a Policía Local para a protección das vítimas de Violencia de Xénero.

A concelleira do PP explicou que o feito de estar dentro desta Rede facilita o acceso a outros recursos e puntúa nos baremos das axudas destinadas á prevención.

A popular Mari Teijeiro explicou tamén que na iniciativa que o Grupo Popular presenta para o vindeiro pleno tamén reclama aos socialistas de Lugo “que creen a Mesa Local de Coordinación Interinstitucional e que se reactive, dunha vez por todas, a Mesa Técnica contra a Violencia de Xénero creada en 2010 e que naceu co ánimo de reunirse cunha periodicidade trimestral”. Sobre este último organismo Teijeiro lembrou o seu cometido: impulsar a posta en marcha dun Protocolo de Prevención e actuación así como un acordo de boas prácticas; pero denuncia que en seis anos só se reuniron tres veces.

Outro instrumento esencial, en vista dos populares, para a loita contra a violencia de xénero é a elaboración do VI Plan de Igualdade que “os socialistas teñen parado dende hai dous anos”. A popular agarda unha maior implicación do goberno á hora de utilizar estes instrumentos “Lugo non pode quedarse atrás tense que comprometer máis na loita contra esta problemática social, queda moito traballo por facer”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com