O PP pide coherencia na colocación da sinalización de tráfico na cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo pide “coherencia” ao goberno local á hora de colocar a
sinalización vertical nas rúas do termo municipal de Lugo. Os populares realizaron un percorrido pola cidade para chequear a sinalización de tráfico e na zona de Augas Férreas, declarada hai anos como zona 30, hai sinalización vertical que prohibe circular a máis de 40 quilómetros/hora. Por iso, os populares piden ao goberno local “maior
sensibilidade e cabeza” á hora de instalar a sinalización para evitar “problemas e multas innecesarias” aos lucenses.

Por iso, dende o Grupo Popular pídese ao goberno local que revise as sinais verticais desta e outras zonas da cidade para evitar “incoherencias” e deixar “correctamente sinalizadas” as rúas da cidade. Ademais, dende o Grupo Municipal do Partido Popular recórdase que no pasado xa se pedíu un plan especial para esta zona da cidade. En concreto, solicitouse que o goberno local encargara aos técnicos municipais un estudo de tráfico nas rúas das inmediacións da Praza das Augas Férreas co obxectivo de avaliar a posibilidade de ampliar e crear novas prazas de estacionamento de vehículos.

Para os populares, de implantar esta medida nalgunha das vías unidireccionais con dous carrís de circulación o da dereita podería ser reconvertido en espazo de aparcamento, “reservando o central para o paso de vehículos, máis aínda tendo en conta que non se trata dunha zona de especial complicación en canto a retencións, o que permitiría ter unha banda de estacionamento a cada marxe”. Así, estas rúas equipararíanse á situación doutras da cidade, “que si presentan verdadeiras dificultades, como pode ser o caso da Ronda das Fontiñas”.

Outra alternativa poderías ser a de eliminar un dos dous carrís de circulación e reconverter a banda de estacionamento actual nun espazo de aparcamento en batería, multiplicando así as prazas existentes. “Trataríase de ter unha opción similar á que hai no entorno do HULA, á que tantas veces se negou o goberno socialista e que finalmente rematou por implantar despois de telo reivindicado en reiteradas ocasións dende o noso grupo político”, aseguran os populares.

Estas medidas redundarían nunha mellora da mobilidade en Praza das Augas Férreas, unha zona cunha gran densidade de tráfico por mor da gran afluencia que teñen os negocios da zona e a pola presenza da sede da UNED. “Unha proba de que é preciso mellorar a mobilidade nesta praza é a frecuencia coa que os automóbiles están estacionados en zonas peonís onde non deberan estar”, aseguran os populares.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com