O PP pide á Deputación a modificación das ordenanzas de taxas de autorización de obras

O Grupo Provincial do PP demandará no vindeiro Pleno a modificación das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas por autorización de obras e outros aproveitamentos situados en zonas contiguas ás estradas provinciais, co fin de que se estableza a exención do pagamento deste imposto aos Concellos.

Os populares solicitan así a revisión destas normas, que ademais de ser moi antigas, ao datar dos anos 90, afectan directamente á economía das entidades locais. E é que, nalgúns casos, o importe desta taxa pode superar ou ser semellante ao custo da obra que se prevé executar. Acontece así en actuacións, por exemplo, relacionadas co abastecemento de auga ou o saneamento.

“Entendemos que a Deputación pode e está lexitimada para facelo, sobre todo, porque esta iniciativa resposta ao fin último desta administración, que é promover distintas medidas que redunden no beneficio das economías municipais”, remarcan dende o PP. O Grupo Provincial do PP defende que “o principal vínculo entre entes locais debe ser a colaboración e non o de ter unha relación recadatoria”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com