PP pide no Congreso unha partida extraordinaria de 896M€  para Alcoa

O Partido Popular eleva ao pleno do Congreso a petición de que o Goberno “habilite unha partida extraordinaria cos 896 millóns de euros que permite a Unión Europea para as empresas electrointensivas, e así garantir de xeito directo a viabilidade da factoría de San Cibrao e, en consecuencia, a produción e o mantemento dos empregos directos e indirectos que xera”. A este respecto e, en paralelo, adiantaron que, na primeira lei económica que tramite o Goberno, “presentarán unha emenda no mesmo sentido”.

Os populares, segundo explicaron este venres os deputados na Cámara Baixa -Francisco Conde e Jaime de Olano- aos alcaldes e voceiros de A Mariña, “adoptaron esta decisión porque, en primeiro lugar, este martes o seu Grupo Parlamentario sacou adiante, na Comisión de Industria e Turismo a Proposición Non de Lei na que se pedía ao Executivo dedicar o 25% dos ingresos de CO2 a estas empresas e, contribuír con elo, a que dispoñan dun prezo estable e competitivo; e, segundo, logo de que Pedro Sánchez anunciase que o Goberno non terá Orzamentos ata 2025 como consecuencia da convocatoria electoral de Cataluña”.

Apoio á postura da Xunta

A este respecto, os deputados comparten “a postura da Xunta de Galicia, que a través da conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, pediu no día de onte que non se dilate, como así se fixo público, a reunión da mesa de seguimento prevista para o día 21 deste mes, pois, segundo destacou o voceiro de Industria no Congreso, os traballadores necesitas certezas”.

“Aprazar esta xuntanza tan só serve para aumentar a súa inestabilidade. Secundamos, por tanto, unha por unha as palabras emitidas intelixentemente pola conselleira unha vez coñecida a decisión de aprazamento de Alcoa”, remarcou Conde.

Dende o Partido Popular pedirán tamén a aprobación da modificación do Estatuto dos consumidores para que as empresas nacionais compitan en igualdade de condicións coas do resto de Europa. Neste senso, plantexan a bonificación de peaxes do 80% e activar as poxas de enerxía de fontes renovables específicas.

O peche da Xunta en clave local

Pola súa banda, os alcaldes e voceiros valoraron positivamente a decisión do Grupo Parlamentario Popular nas Cortes, xa que, de materializarse a amenaza de peche que pesa sobre a planta da Mariña e que cada vez cobra más forza, “sería algo demoledor para a economía e para o futuro desta comarca”. Subliñaron.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com