O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo Ángel Trabada pide que se “pinchen as árbores secas” que hai no Paseo do río Rato para “evitar calquera tipo de caída de ramas e así incidencias cos cidadáns. Cómpre recordar que esta é unha das zonas máis populares da cidade para facer deporte ou pasear, polo que son centos de lucenses os que a diario se achegan ata esta zona verde da cidade”.
Ademais, o concelleiro popular solicita que se estuden todas as árbores do Paseo do Río Rato para comprobar se algunha máis está seca e así proceder a súa tala para evitar calquera accidente.
Nas últimas semanas na cidade xa tivemos que “lamentar algunha caída de ramas de árbores secas, por sorte sen lamentar danos persoais, polo que solicitamos que o estudo das árbores se faga extensivo a todas as zonas verdes da cidade e os parques infantís”.