O PP pídelle á Deputación que instale desfibriladores nos Concellos

O Grupo Provincial do PP pídelle ao Goberno socialista da Deputación de Lugo que dea cumprimento ao acordo aprobado en Pleno do mes de xullo de 2016 a través do que se lle solicita á Deputación que axude aos municipios da provincia de menos de vinte mil habitantes na adquisición de desfibriladores para a súa instalación nos espazos de maior afluencia de veciños e veciñas. Os populares ven necesario que o Goberno socialista se sume ao compromiso e ás actuacións do Goberno galego dirixidas a mellorar as respostas en situacións de emerxencias.

En concreto, dende o Grupo Popular lembran que os populares sacaron adiante no Pleno de xullo de 2016, é dicir fai máis de ano e medio, unha moción para a posta en marcha dun programa de cooperación cos concellos para a instalación de
desfibriladores en toda a provincia, pese ao voto en contra do equipo de Goberno. A proposta do PP demandaba que se inclúa no plan que a axuda da Deputación consista no 100% do prezo do desfibrilador, procurando ademais a formación específica para o seu correcto manexo por persoal capacitado.

Deste xeito, os populares estaban a darlle curso a unha demanda dos concellos e da poboación co fin de que os concellos lucenses poidan contar cos mellores equipos de resposta ante unha emerxencia. Dende o Grupo do PP lamentan que a día de hoxe a Deputación provincial de Lugo desoíse un novo acordo plenario cuxo obxectivo busca a implicación e a colaboración da administración lucense nun eido “tan importante como é o de garantir o benestar cidadá”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com