O PP solicita a retirada dos carteis de obras e paneis informativos abandonados

O Grupo Municipal do Partido Popular quere que se quiten os carteis de obras e paneis informativos que están repartidos por toda a cidade. O concelleiro popular Ángel Trabada asegura que “son moi contadas as veces nas que se retiran estes paneis unha vez terminada a obra que anuncian” e por ese motivo piden ao goberno socialista que nos pregos de condicións de obras se inclúa unha cláusula que obrigue ás empresas adxudicatarias a sacar estes paneis en canto finalice o prazo da garantía da obra realizada. “Queremos eliminar os carteis que están en mal estado e que máis aló de xerar un impacto visual negativo”.

O popular recrimina aos socialistas a súa despreocupación por ofrecer a mellor imaxe posible de Lugo e lle lembra á alcaldesa que “manter a cidade en boas condicións é a súa responsabilidade”. “Moitos dos cartteis abandonados mesmo se converten en marcos para grafitís afeando o entorno que se pretendía mellorar coa obra en cuestión”.

No inventario de carteis de obras públicas xa rematadas en Lugo se contabilizan preto dunha veintena de diferentes administracións: un dos carteis máis antigos, de hai 15 anos, está situado en Acea de Olga nel se detalla a relación de vías públicas deste polígono; tamén hai outros paneis que publicitan a rexeneración do firme, un panel dun plan municipal da Rúa dos Agros e outro panel da Deputación, na Ronda de Fingoi, que presenta os traballos de rexeneración do seu pavimento.

Por último o popular ironizaba con outro cartel emblemático da xestión do PSOE de Lugo, o que anuncia a obra da Biblioteca da Piringalla, o do Leiraparking do HULA ou o da rehabilitación fábrica da luz “quizais os socialistas como teñen atascados tantos proxectos necesitan manter en pé algúns destes carteis para que pareza que teñen algo entre mans e que están facendo algo”.

Ángel Trabada concluiu que esta proposta “súmase ás diferentes iniciativas que os populares presentaron, nas últimas semanas, para evitar o feísmo urbanístico” como son “o uso dos escaparates baleiros como soportes para colocar información de eventos culturais ou identificativos da cidade (Camiño Primitivo, Catedral ou Muralla) ou a organización dun concurso para que que os armarios de instalacións eléctricas e de tráfico se decoren con ilustracións, fotografías ou poemas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com