O Partido Popular interpretou esta mañá como unha “nova bofetada” á estratexia da alcaldesa, o feito de que nin unha soa empresa se presentase ao concurso para asumir o servizo do guindastre municipal. O viceportavoz popular, Enrique Rozas, explicou que “ao quedar deserto o concurso do guindastre supón un novo revés á insistencia da alcaldesa de externalizar este servizo”. Rozas cre que “o goberno socialista atravesa unha crise aguda de confianza que frea a participación das empresas nos procesos públicos”.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.