O Partido Popular municipal afirmou esta mañá que “a pérdida de peso de Lara Méndez dentro da estructura do partido” afecta aos orzamentos municipais desvelando que na previsión no capítulo de transferencias (correntes e de capital) doutras administracións. A Deputación baixa a partida con respecto ao ano 2016, no que figuraba un total de 2.335.363,41€, reducíndose a ridícula cantidade de 562.873,65€.
Nese exercicio Antonio Ameijide indicou que, pola contra, a previsión de ingresos da Xunta en Lugo medra en case 1 millón de euros (923.894,32€) xa que pasa dos 4.862.863,06 € do exercicio contable de 2017 aos 5.786.757,38€ que figuran no actual borrador de orzamentos.
O PP teme que este recorte da Deputación Provincial o teñan que suplir os lucenses pagando máis impostos e taxas e, nese senso, pedirá explicacións de porque está previsto que aumenten en 2,5 millóns de euros os ingresos dos recibos de lixo e auga.
Antonio Ameijide avanzou puntualizou que, segundo a documentación facilitada, se prevé un aumento tan brutal na contía dos recibos de auga e recollida de lixo que pagamos todos os lucenses. Segundo os datos facilitados a previsión de ingresos pola taxa de auga pasa dos 6.001.500 aos 7.609.531€, mentres que, na taxa de recollida de lixo figura un incremento de 847.682€ (pásase dos 7.130.000€ a 7.977.682€).
O voceiro popular criticou que a alcaldesa renuncie de forma “expresa” a implantar calquera sistema de rotación ou alternativo á ORA xa que “tendo en conta que a previsión de ingresos é cero” interpretamos que a súa idea é condenar a Lugo a seguir sufrindo as consecuencias de carecer dun modelo de mobilidade axustado ás necesidades dos veciños “seguiremos perjudicando ao comercio e seguiremos sufrindo os problemas de aparcamento”.”Unha vez máis, Lara Méndez falta a la palabra dada xa que “prometeu, cando suspendió de forma unilateral a zona ORA implantar un sistema alternativo nun prazo de 8 meses, e xa pasaron dous anos e cinco meses”.
Ameijide tamén destacou que no borrador de orzamentos para 2018 tampouco figura nin un só euro para a demolición das torres do Garañón polo que a alcaldesa perpetúa o modelo á carta do urbanismo do seu
antecesor.
Outra característica deste orzamento é que “son pouco cribles”. Para iso os populares estudaron as principais partidas de ingresos previstas pola alcaldesa, contrapoñendoas coas liquidacións do último exercicio pechado. Esta contraposición amosa desfases “moi importantes” (superior aos 13,5 millóns de euros), o que “desmonta” por completo as contas de Lara Méndez, polo que se demostra que “unha vez máis a alcaldesa está amentir aos lucenses coas contas e cos investimentos prometidos froito dun soño dunha noite de inverno”.
Os populares tamén apuntan que hai outras partidas chamativas que tamén se inflan como son os ingresos nas licenzas urbanísticas que pasan de 500.000€ a 660.517€ e “non será pola rapidez coa que se dan as licenzas en Lugo” ironizaba o popular. Ou tamén o repunte nun 18% do ICIO que pasa do 1.063.783€ ao 1.295.800€.