O PP traslada a ‘Lugo non perdas o tren’ o seu compromiso a non perder o AVE

O Partido Popular traslada á plataforma Lugo non perdas o tren o seu “compromiso irrenunciable” para que a provincia non quede sen AVE. Así llelo expuxeron aos integrantes da mesma o voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, e a presidenta provincial, Elena Candia, na xuntanza que mantiveron esta mañá, e durante a que estiveron acompañados do presidente desta formación política a nivel local, Ramón Carballo; o voceiro da mesma no Concello, Antonio Ameijide; ademais de deputados nacionais e senadores.

Deste xeito, tal e como anunciara Barreiro en días pasados, os populares dán cumprimento á palabra dada de manter un encontro cos membros deste colectivo para escoitar e analizar as súas propostas. Precisamente, no marco desta responsabilidade asumida polo PP, comprometéronse coa plataforma a menter unha xuntanza cos representantes de ADIF no mes de xaneiro para abordar esta cuestión. Este encontro terá lugar o vindeiro día 3 en Madrid, e nel participarán a presidenta provincial e o voceiro do PP no Senado.

A intención dos populares é que o Goberno continúe e avance nos distintos proxectos que xa ten en marcha, e que contribuirán a que a provincia non quede sen este servizo tan demandado polos lucenses. É o caso da inmediata posta en servizo da variante de A Pobra de San Xillao, dos proxectos das novas variantes para Os Peares e Rubián, da electrificación pendente entre Monforte e Lugo, da eliminación de pasos a nivel ou do incremento de frecuencias con novos trens, entre outras actuacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com