O PP valora as concentracións contra a nova Lei de Saúde

O secretario de Organización do PP provincial e deputado autonómico, Daniel Vega, denunciou esta mañá que os alcaldes socialistas e algúns membros do BNG estiveran onte tras as pancartas das concentracións en contra da nova reforma sanitaria, “mentres que cando os chaman desde o Goberno galego para que o equipo directivo do Sergas lles explique a nova Lei de Saúde Pública non acoden”.

O popular amosa a súa sorpresa porque “mentres a Xunta realiza as obras do Hospital da Costa, ás que destina un investimento de 20 millóns euros, o PSOE e o BNG, dixo, terman da pancarta”. Daniel Vega afirma que, como xa se demostrou en ocasións anteriores, “o que queren é unicamente facer ruído e manifestacións para confundir e enganar aos veciños”.

Tamén o Delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, falou acerca destas concentracións e asegurou que lonxe de perder as áreas médicas o que pretende a Xunta é potenciar os hospitais comarcais tanto o de Burela como o de Monforte, mobilizando aos médicos “para non ter que desprazar aos usuarios”. Asemade o delegado quixo transmitir unha mensaxe de “tranquilidade e confianza á poboación”, pois os pacientes, dixo, “non van perder nin os seus médicos nin os centros de referencia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com