Os populares cualificaron a decisión como “un acto de responsabilidade” engadindo que “o noso apoio ao Plan Xeral é un bo exemplo de política seria e útil para os lucenses xa que imos permitir co noso apoio salvar o 5% pendente de aprobación”. Ameijide dixo que “se pinta algo a alcaldesa no goberno, por responsabilidade, debería cesar de inmediato aos cinco concelleiros do BNG que votaron o pasado venres en contra do documento urbanístico máis importante para o municipio que propoñía o goberno do que forma parte” • O viceportavoz insistiu en que “aos lucenses non lle convencen os motivos polos que este documento non se aproba por unanimidade” e culpa ao BNG de “buscar escusas, pouco xustificables se están no goberno e chegaron a acordos para repartir cadeiras de brazos e dedicacións non se entende como non apoian este PXOM”. Os populares téndelle a man “para traballar de forma dialogada no novo Plan Xeral que require unha revisión inmediata”
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.