A Praza Maior convertida en escenario de 7 obras no Día do Teatro

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, preparou, xunto 7 grupos teatro de Lugo, unha actividade para conmemorar o Día Mundial do Teatro, que arrincou ás 18:00 horas.

Lucho, Hipócrita, Achádego, Microefectos, Palimoquiños, Lucecús e Ítaca fixeron intervencións de microteatro en distintos puntos da Praza Maior ao longo desta tarde, rematando coa lectura dun manifesto, diante a Casa Consistorial.

Anteriormente á lectura, Carmen Basadre agradeceulles a todas e cada unha das persoas participantes o papel tan importante que representan hoxe e durante todo o ano na cultura de Lugo e convidounos a seguir facendo traballando por facer pensar e rir a Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com