O Orfeón Lucense, en colaboración coa Diocese de Lugo, a Catedral lucense e a familia do seu fundador, José Castiñeira Pardo, ten convocada a primeira edición do premio “José Castiñeira de Humanidades” para honrar a persoas ou institucións que pola súa traxectoria, disposición e entrega, se distingan polo seu labor a prol da convivencia social e a mellora das relacións humanas.
Ata o momento recibíronse un total de nove candidaturas para optar a este premio, as cales foron presentadas por particulares ou institucións.
A organización lembra que ata día 15 do presente mes que rematará o prazo, pódese seguir a propor candidaturas.
Foto: Galicia Dixital.