Preocupación en Lugonovo ao quedar deserto o concurso de comedor de dúas escolas infantís

O grupo municipal de Lugonovo amosa a súa “preocupación” logo de que quedase deserto o concurso público para contratar o servizo de cociña, comedor e lavandería para as escolas infantís de Serra de Outes e Gregorio Sanz.

“Estráñanos moito que ningunha firma estea interesada en asumir a xestión deste servizo ou que o procedimento non fora suficientemente publicitado e aínda nos gustaría menos pensar que existe unha terceira hipótese: a de que ante un endurecimento das condicións, as actuais concesionarias decidiran ausentarse do proceso co ánimo de prorrogar o convenio actual”, advirte o voceiro da formación, Santiago Fernández Rocha.

Deste xeito, dende Lugonovo salientan que o primeiro paso é “denunciar” o feito, e o segundo “instar ao executivo a que corrixa a traxectoria que leva o asunto e que esixe a celeridade e previsión que non se tivo cos comedores escolares”.

“Entendemos que o primeiro sería convocar un novo concurso e difundilo ó máximo pero tamén apuntamos outra proposta: a detendo en conta que a dotación do material nestas instalacións pertence ao Concello”, concluíu Rocha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com