Presentación do Calendario Maratón Fotográfico

A deputada de Cultura Iria Castro, participou esta tarde na presentación do calendario do XXIX Maratón Fotográfico, o certame fotográfico organizado no marco do programa Lugo Cultural que desenvolve a área de
Cultura do Campus de Lugo coa colaboración da área de Cultura daVicepresidencia da Deputación de Lugo e da área de Cultura do Concellode Lugo.

Como en cada edición, o xurado do certame seleccionou 12 fotografías para confeccionar o almanaque, que recolle as actividades do Lugo Cultural 2024 e que se distribuirá entre a comunidade universitaria. O acto coincidiu coa inauguración na Biblioteca Provincial de Lugo da exposición fotográfica organizada coas imaxes presentadas ao certame, tras o seu paso pola Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo.

No acto, a deputada de Cultura confirmou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación co Lugo Cultural, que amplía a axenda da cidade e impulsa a creatividade entre a comunidade universitaria, así como con todas as iniciativas que afiancen o vínculo da Universidade coa cidade de Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com