Este sábado ás 12 horas no centro social autoxestionado A Hedreira en Catasol, terá lugar a presentación da campaña de “Barrios polo Clima”.
Proceso de participación, onde serán as veciñas e veciños os que decidan as medidas necesarias, organizando actividades de concienciación cidadá e presentando a administración medidas concretas consensuadas pola cidadanía.
A presentación deste sábado consistirá nun encontro-taller en como facer fronte á emerxencia climática desde os barrios.
A actividade consta de dúas partes. Unha primeira na que se compartirá a experiencia de Barrios polo Clima de Córdoba. Na segunda farase unha práctica de mapeo ambiental do barrio.