Presentación da campaña “No Caminas Sola” para previr a violencia contra as mulleres no Camiño

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, informou hoxe na Fonsagrada do inicio da Campaña “No Caminas Sola”, por un Camiño de Santiago libre de violencias machistas, con 389 puntos da ruta xacobea ao seu paso pola provincia de Lugo. Este programa impulsado polas unidades contra a Violencia sobre a Muller das comunidades autónomas polas que pasa o Camiño de Santiago serve para reforzar a protección das peregrinas facilitando recursos e materiais que garantan a súa liberdade ao longo do seu percorrido. Isabel Rodríguez presentou esta mañá a iniciativa xunto co alcalde, Carlos López, e a xefa da Unidade contra a violencia sobre a muller da Subdelegación do Goberno, María Luisa Castro.

As mulleres xa representan o 53% das persoas que fan o camiño (máis de 230.000 fixérono no último ano) polo que a subdelegada subliñou que “están a ser as protagonistas destas sendas de peregrinación”, asegurando que “ano tras ano a súa presenza vai a máis, ben sexa con ou sen compañía”. O obxectivo desta campaña é o de “garantir que as peregrinas fagan libremente o camiño, de xeito que as mulleres ocupemos en igualdade de condicións os espazos sen ningún tipo de perigo ou limitación”.

A campaña trata de facilitar o acceso a todos os recursos e a sensibilizar, previr e denunciar as violencias sobre as mulleres. Con este obxectivo elaborouse un material específico, que foi distribuído nos principais puntos de referencia para as peregrinas. Na provincia de Lugo distribúense 389 carteis e 7.780 tarxetas, editadas en español e inglés. No caso da Fonsagrada, as peregrinas terán como puntos de información o posto da Garda Civil, a Policía Local, 2 farmacias, 5 albergues, o centro de saúde e a oficina de turismo.

As tarxetas inclúen información de emerxencias e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, así como da aplicación AlertCops, para comunicar en tempo real calquera alerta con envío de localización. Ademais, un código QR enlaza cunha web de recursos do Goberno para atender calquera necesidade a través da Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, do Ministerio de Igualdade.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com