Onte pola tarde a coalición “Contamos”, formada polos partidos Galicia Sempre, Partido Galego e Camiña Sarria, mantivo unha xuntanza coa veciñanza de Conturíz para explicar o programa co que concorren. Acompañaron á candidata, Carmén Gonzalez, os números dous e tres da lista, Carlos Ouro e Carmen Río, xunto co alcalde de Becerreá e líder de Galicia Sempre Manuel Martínez.
No transcurso do acto Carmén González explicou polo miúdo os distintos puntos que levan no programa, no que destaca unha defensa das conexións por autoestrada e ferrocarril da capitalidade lucense. A candidata de “Contamos” denunciou que “nestes momentos esta illada, tanto co resto de Galicia como coa meseta, co derrubamento no Bierzo da autovía A6, e esixiu o remate da autoestrada Lugo-Santiago e e Lugo-Ourense xunto coa chegada do tren de alta velocidade, pois “somos con Ferrol a única cidade sen Ave”.