Presentación da Feira do Entroido de Nadela na delegación da Xunta en Lugo

Hoxe pola mañá, tivo lugar a presentación da Feira do Entroido de Nadela na Delegación Territorial de Lugo. A feira está organizada pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva de San Xoán de Pena e conta co apoio da Xunta de Galicia.

No acto participaron a xefa da Área Provincial de Turismo da Delegación, Paloma Vázquez, e o presidente e o secretario da entidade organizadora, Adrián Gómez e Graciano Rodríguez respectivamente.

A feira celebrarase este sábado e comezará ás 9.30 coa apertura dos postos de venda -con produtos gastronómicos propios do entroido- e animación cun grupo de música tradicional. Ás 13.00 horas pronunciará o pregón Roberto Pena, xefe do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta.

Ao longo da xornada sucederanse as actuacións musicais, incluída a presentación oficial da canción “Feira de Nadela”, de Diego Flâneur & Ünder, e pola tarde haberá baile e concurso de disfraces

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com