A área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, presentou onte a edición 2015 do proxecto “A arte de ser muller nun mundo por compartir 5.0”.
A proposta desta volta céntrase na obra A miña familia, da artista lucense Xulia Minguillón, e consiste nunha exposición e na convocatoria de dous concursos, un para artistas e outro para escolares da provincia de Lugo.
A exposición, comisariada por Encarna Lago, inaugurarase o día 5 de marzo na Sala de Exposicións Pazo de San Marcos.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.