Mañán, xoves, ás oito do serán, na Biblioteca Provincial de Lugo, Biblioteca Noval, terá lugar a presentación da obra, As razóns do autonomismo galego, baseada nunha conferencia-mitin de Filgueira Valverde, a traveso da emisora Radio Lugo, o 18 de xuño de 1936. Na presentación, que será presidida polo Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, intervirán os autores e Xulio Xiz, por Galicia Digital.
O contido básico desta obra é a transcrición do manuscrito do texto da conferencia / mitin radiofónico de D. Xosé Fernando Filgueira Valverde a través de Radio Lugo e en Pontevedra.
Os autores desta obra son Manuel Regueiro Tenreiro (Catedrático xubilado de Filosofía) e Fernando Regueiro Pérez (Graduado en ADE) que pescudaron no Museo de Pontevedra (Arquivo Filgueira Valverde) e, despois de transcribir e estudiar o manuscrito, completaron a publicación cunha contextualización do texto que foi radiado (18 de xuño do 1936 ) un mes antes do comezo da guerra civil.
A publicación está editada pola plataforma en Internet Galicia Digital (www.galiciadigital.com), co apoio da Xunta de Galicia.
Cada asistente recibirá un exemplar desta obra, que será distribuída gratuitamente a centros educativos e interesados na obra de Filgueira Valverde.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.