Presentación da XII edición da Semana Internacional de Maxia de Lugo

Hoxe presentouse a XII edición de Lugo Máxico, a Semana Internacional de Maxia de Lugo, que un ano máis trae á cidade a máis de 40 actuacións e 20 magos diferentes.

Desta maneira, Lugo, converterase na capital galega da maxia entre o 3 e o 9 de maio onde se darán cita magos chegados de diferentes partes do mundo e que farán numerosos espectáculos en diferentes espazos da cidade. Así, unha das novidades será as actuacións diarias á partir das 19 horas no Mercado Municipal da rúa Quiroga Ballesteros e aberto a todos os públicos.

Lugomáxico 2015 enche a cidade de ilusión durante unha semana levando a maxia a todos os rincóns da cidade, prazas, ociotecas, escolas infantís, centros sociais, hospitais, Ponte Romana, Auditorio e o Mercado Municipal serán escenarios desta edición, na que destacan 3 grandes galas como destacou o Mago Rafa.

Ademais este ano tamén haberá maxia para escolares de luns a xoves ás 11.00 horas no Auditorio Gustavo Freire para os colexios que teñan reservado.

Galas no Auditorio

A XII Semana Internacional de Maxia de Lugo, arrincará o próximo 3 de maio no Auditorio Municipal Gustavo Freire, cunha Gala Inaugural a cargo do mago Jorge Blass, o televisivo mago español que presentará un espectáculo familiar titulado El Arte de la Magia. Será ás 18:00 horas e terá un prezo de 8 ou 10 euros dependendo da zona.

O venres 8 de maio a partir das 21 horas comeza a Gala de Maxia de Preto Homenaxe a René Lavand. Nesta novedosa gala contará con tres dos mellores magos do mundo na especialidade: Dani Daortiz, considerado sucesor de Juan Tamariz, Miguel Angel Gea, un dos mellores magos con moedas e Christiam Enbglom, dende Finlandia. A entrada terá un prezo de 8 ou 10 euros dependendo da zona.

Finalmente, o sábado 9 de maio, terá lugar a Gran Gala Internacional Lugomáxico 2015 ás 21:00 horas. Unha vez máis unha gala espectacular cunha selección dos mellores magos do mundo chegados de diferentes partes do planeta para amosarnos a mellor maxia que se pode ver nestes momentos. Participarán os magos Morrison El Magnifico, Dobre Mandoble, Hector Mancha, Juan Maioral, One Gun e Yunke. O prezo das entradas será de 12 ou 10 euros dependendo da zona pero en todos os casos poderanse mercar a través da web www.lugomaxico.es .

 

PROGRAMA LUGOMAXICO 2015 XII SEMANA INTERNACIONAL DE MAGIA EN LUGO

 

DOMINGO 3 DE MAIO

18:00 GALA INAUGURAL LUGOMAXICO 2015 JORGE BLASS PRESENTA “EL ARTE DE LA MAGIA”

 

LUNS 4 DE MAIO

10:30 MAXIA NA ESCOLA INFANTIL A PIRINGALLA. CARLOS ADRIANO

11:00 GALA DE MAXIA PARA ESCOLARES (AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE) RAFA, TETO, LAMAS, SASHA, NACHO

13:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR JEAN PHILIPPE

18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR JEAN PHILIPPE

18:00 MAXIA DE RÚA EN AUGAS FÉRREAS MAG MALASTRUC

19:00 MAXIA NO MERCADO MUNICIPAL RIVERSSON

21:00 MAXIA NO MESÓN DO FORNO MAD MARTIN

 

MARTES 5 DE MAIO

10:30 MAXIA NA ESCOLA INFANTIL SERRA DE OUTES CARLOS ADRIANO

11:00 MAXIA PARA ESCOLARES (AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE) MALASTRUC, RIVERSSON, NACHO DIAGO, SASHA

12:00 MAXIA NO CENTRO ALUME MANUEL LAMAS, JEAN PHILIPPE

13:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR CHAN-TUN

17:30 OCIOTECA DA MILAGROSA (PARQUE DA MILAGROSA, NAVE DE VÍAS E OBRAS) CARLOS ADRIANO JEAN PHILIPPE

18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA DA MILAGROSA MAG MALASTRUC

18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR CHAN TUN

19:00 MAXIA NO MERCADO MUNICIPAL NACHO DIAGO

21:00 MAXIA NO MESÓN DO FORNO RIVERSSON

 

MÉRCORES 6 DE MAIO

10:30 ESCOLA INFANTIL GREGORIO SANZ CARLOS ADRIANO

11:00 MAXIA PARA ESCOLARES (AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE) JEAN PHILIPPE, RIVERSSON, NACHO DIAGO, SASHA

12:00 MAXIA NO HULA (HOSPITAL UNIVERSITARIO LUCUS AUGUSTI PLANTA PEDIATRÍA) MANUEL LAMAS E CHAN TUN

13:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR MAG MALASTRUC

17:30 OCIOTECA DO CENTRO DE CONVIVENCIA MARUJA MALLO NACHO DIAGO RIVERSSON

18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA DO CASTIÑEIRO CHAN TUN

18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR MAG MALASTRUC

19:00 MAXIA NO MERCADO MUNICIPAL SASHA

21:00 MAXIA NA PONTE ROMANA JEAN PHILIPPE Y CARLOS ADRIANO

 

XOVES 7 DE MAIO

10:30 ESCOLA INFANTIL SAN FIZ CARLOS ADRIANO

11:00 MAXIA PARA ESCOLARES (AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE) MAD MARTIN, RIVERSSON, NACHO DIAGO, SASHA

13:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR JEAN PHILIPPE

17:30 MAXIA EN ADACE MANUEL LAMAS E NACHO DIAGO

18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR CARLOS ADRIANO

18:00 MAXIA NO MIHL (MUSEO INTERACTIVO DA HISTORIA DE LUGO) RIVERSSON MAG MALASTRUC

19:00 MAXIA NO MERCADO MUNICIPAL MAD MARTIN

21:00 MAXIA NO MESON DO FORNO HÉCTOR MANCHA

 

VENRES 8 DE MAIO

12:00 HOSPITAL PSIQUIATRICO DE CALDE. JEAN PHILIPPE

12:00 MAXIA NO CENTRO DE DÍA ANTONIO GANDOY. MAD MARTIN

13:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR CARLOS ADRIANO

18:00 MAXIA DE RÚA NA PRAZA MAIOR SASHA

21:00 GALA DE MAXIA DE PRETO “RENÉ LAVAND” DANI DAORTIZ, MIGUEL

ANGEL GEA, CHRISTIAN ENBGLOM.

 

SÁBADO 9 DE MAIO

21:00 GRAN GALA INTERNACIONAL LUGOMÁXICO 2015 CON MORRISON EL MAGINIFICO, DOBLE MANDOBLE, HECTOR MANCHA, JUAN MAYORAL, ONE GUN E YUNKE.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com