Presentación da XXIII edición da Feira do Mel

Hoxe tivo lugar a presentación da XXIII edición da Feira do Mel de Lugo, organizada pola Asociación Provincial Lucense de Apicultura, coa que colabora o Concello de Lugo, e que terá lugar este domingo 27 de setembro, na Praza da Soidade en horario ininterrompido de 10:00 a 17:00 horas.

Na XXIII Feira do Mel daranse cita 22 produtores que porán á venda uns 3.000 quilos de mel a un prezo de 7 euros o quilo e a 4, o medio quilo. A Asociación Provincial Lucense de Apicultura (APLA) reúne a uns 350 profesionais do sector da apicultura lucense, que xera un volume de negocio en toda a provincia duns 4 millóns de euros ao ano, coa venda duns 740.00 quilos de mel que se producen en Lugo, que representan máis do 30% do total producido en Galicia.

Ao remate da feira sortearase produtos apícolas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com