O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Álvaro Santos, acompañado do Deputado de Economía Rural e do Mar, José Fernández, xunto con outras autoridades, presentaron este mércores, a XXV edición da Festa da Androlla, que terá lugar en Navia de Suarna.
As actividades arrancan o día 15 ás dez da mañá, cun pasarrúas a cargo dun grupo de gaitas e ás dez e media abriran os stands participantes na xornada.
A unha da tarde todos os visitantes poderán participar na degustación de androlla na Praza da Vila, seguida por un xantar popular ás tres.
Por último, ás seis terá lugar a actuación dun grupo de gaitas, coa que se clausura esta cita gastronómica. De media, durante a xornada véndense entre 5.000 e 6.000 quilos de androlla, o que axuda a impulsar este sector, clave para a vila.
Escoitamos a Álvaro Santos: