Presentación da XXXIV edición do Festival do Emigrante

O Festival Folclórico do Emigrante chega á súa 34ª edición en San Miguel de Reinante o próximo 1 de agosto nun encontro que mestura a música e as tradicións locais con outras foráneas. Este ano o cartel do festival, organizado pola Asociación Folclórica O Arco da Vella de San Miguel de Reinante, e no que colaboran o Concello de Barreiros e a Deputación Provincial de Lugo, contará coas visitas da Agrupación Kriba Budaya, de Indonesia, e da Academic Akud Mika Mitrovic, de Belgrado (Serbia).

De moito máis preto chega o Grupo Folclórico la Rosa del Azafrán, procedente de Consuegra, en Toledo, e os anfitrións, a agrupación O Arco da Vella. As actuacións terán lugar a partir das 22 horas no campo de fútbol de As Valgas de San Miguel e, en caso de choiva, no pavillón. Logo das actuacións dos grupos comezará na praza do Souto, sobre ás doce e media da madrugada, a verbena a cargo de Lecer.

O Festival do Emigrante, que é Festa de Interese Turístico Galego, foi presentado esta mañá no Concello polo alcalde, Alfonso Fuente, pola concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, e por membros do Arco da Vella co seu presidente, Enrique Penabad, á cabeza.

No acto tamén se anunciou que a V Foliada do Emigrante será o 7 de agosto, venres, na praza do Souto a partir das 21:30 horas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com