Presentación das xornadas gastro-romanas Ars Magirica con diferentes tapas en máis de 20 establecementos da cidade

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo Presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostelería, Cheché Real, e un representante dos hosteleiros da zona de Rafael de Vega, Nicómedes Pastor Díaz, e Montero Rios, Ricardo Vilariño, presentaron unha nova edición das xornadas gastro-romanas Ars Magirica.

Un ano máis, diversos establecementos hostaleiros da cidade ofrecerán tapas con produtos que xa se consumían en época romana e castrexa, e coa os cidadáns poidan coñecer as costumes gastronómicas de época antiga. As tapas estarán dispoñibles a partir do venres 22 de maio nos locais do centro, e a partir do 29 de maio nos locais da zona de Rafael de Vega e Montero Rios, e os prezos oscilarán entre 1 e 3 euros.

Carmen Basadre destacou que “estas xornadas gastronómicas son as propias para ir quentando motores de cara o Arde Lucus 2015 ”e agradeceu aos establecementos colaboradores a súa implicación e o traballo que realizan para promocionar a festa. Ademais presentou a unha nova asociación hostaleira que se está creando e que baixo o nome de Muralla Leste aglutinará aos restaurantes e bares da zona de Montero Rios, Rafael de Vega e Nicómedes Pastor Díaz.

Os establecementos que forman parte destas xornadas gastronómicas dentro da especialidade de tapas están o restaurante Antas, Cafeteria Diveca, a Casa María, Mesón A Laxa, Parrillada Fonsagrada, Pasarela, Cervezoteca A Tinería, o Cincuenta e Seis, Os Cachivaches, Restaurante Campos, o Mercado Street Food, A Caseta da Barra, A tu salud, Cafetería El Trópico, Cervecería Central, Cafeteria Gucho´s, Kursal Sports Bar, Parrillada Abel, Parrillada Botafumeiro, Restaurante A Rosada, Restaurante Espolada, e Restaurante Vivero.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com