Presentación de libros no Ateneo Galeguista de Lugo

O día 23 de Setembro, mércores, o Ateneo Galeguista de Lugo retoma as súas actividades públicas coa presentación de dous dos últimos traballos da profesora Dona Aurora Marco, Catedrática de Didáctica da Lingua e Literatura galega na USC e integrante da asociación Clásicas e Modernas para a igualdade de Xénero e Cultura. A profesora Marco disertará sobre: “Foula e Ronsel. Os anos xuvenís de Carvalho Calero” e “Irmandiñas. As mulleres no movemento galeguista”.

O acto será no salón de actos na Deputación de Lugo ás 20:00 horas. Por mor da situación sanitaria, o aforo será limitado a 50 persoas, será obrigado asistir con máscara, e ademais, as persoas de desexen asistir deberán comunicalo con nome e apelidos, no correo electrónico rgngon@gmail.com. A entrada será de balde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com