Hoxe tivo lugar en Lugo a presentación da nova edición do Caudal Fest que se celebrará os días 19 e 20 de setembron onde se informou dalgúns dos concertos previstos, nos que se inclúen Love of Lesbian, Dani Fernández, Carolina Durante, Duncan Dhu ou Marlon. Tamén se confirmaron hoxe as actuacións de Niña Polaca, Alcalá Norte, Elyella, The Rapants, Carlos Ares, Dollar Selmouni, Merino ou Chicle. Está previsto que haxa máis artistas que se irán confirmando..
Impulso ao turismo de Lugo
A Xunta enviou un comunicado, onde destaca que “o apoio ao Caudal Fest enmárcase na aposta da Xunta de Galicia por impulsar o turismo da provincia de Lugo e da cidade a través de distintas iniciativas. De feito, Turismo de Galicia leva investidos ao redor de 1,8M€ en nutrir a oferta de espectáculos e ocio de Lugo e a súa provincia”.