Presentación do Club de Voleibol Emevé

Hoxe tivo lugar a presentación do club de Voleibol Emevé no pavillón dos deportes de cara a tempada 2015-16. Ao mesmo asistiu a alcaldesa Lara Méndez, como máxima representante do Goberno Municipal. Tamén asistiron ao acto representantes doutras formacións políticas presentes no consistorio, así polo Partido Popular estivo Enrique Rozas, por Lugonovo fíxoo  o seu voceiro Santiago Fernández Rocha así como representantes da xunta directiva do club.

Durante o acto, a rexedora desexoulle ao club moitos éxitos para a nova tempada e aproveitou a ocasión para pedirlle a todos os compoñentes do equipo que exerzan de embaixadores de Lugo alá onde vaian competir. Ao finalizar a presentación Lara Méndez  e Fernández Rocha recibiron o carné honorífico do club.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com